martes, 15 de diciembre de 2009

Contaminación acústica

O aire non só esta contaminado pola polución, senón que tamén se ve afectado pola denominada contaminación acústica, que altera as condicións de son normais do medio ambiente nunha determinada zona. Se ben o ruído non se acumula, traslada ou mantén no tempo como as outras contaminacións, tamén pode causar grandes danos na calidade de vida das persoas se non é controlado.
O termo contaminación acústica fai referencia ó ruído (entendido como son excesivo e molesto), provocado polas actividades humanas (tráfico, industrias, locais de lecer, etc), que produce efectos negativos sobre a saúde auditiva, física e mental das persoas.
Un informe da Organización Mundial da Saúde (OMS), considera os 50 dBa, como o límite superior desexable.
En España, establécese como nivel de confort acústico os 55 dBa. Por enriba deste nivel, o son resulta pernicioso para o descanso e a comunicación.
Segundo estudos recentes da Unión Europea (2005): 80 millóns de persoas están expostos diariamente a niveis de ruído ambiental superiores a 65 dBa e outros 170 millóns, o están a niveis ente 55-65 dBa.

Efectos psicolóxicos
Insomnio e dificultade para conciliar o sono.
Fatiga.
Estrés (polo aumento das hormonas relacionadas co estrés como a adrenalina).
Depresión e ansiedade.
Irritabilidade e agresividade.
Histeria e necrose.
Illamento social.
Falta de desexo sexual ou inhibición sexual.

jueves, 3 de diciembre de 2009

ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

Unha especie ameazada é unha especie cuxas poboacións están decrecendo até colocala en risco de extinción. Moitos países teñen lexislación que protexe estas especies, prohibindo a caza e protexendo os seus hábitats, mais esa lexislación é insuficiente para evitar que un número crecente de especies deixe de existir. Non hai consenso sobre os criterios de inclusión dunha especie na lista das ameazadas. Hai unha interpretación corrente de que a preservación de especies ameazadas é incompatíbel coa exploración económica do ambiente en que viven, que debería ser preservado como un santuario ecolóxico intocábel. Isto é verdade nalgúns casos extremos, mais non en todos. Crece o número de propostas de uso económico sustentábel de hábitats naturais, combinando agricultura con preservación da cobertura vexetal e por tanto da diversidade da flora e da fauna. No Brasil a lexislación ten feito alguns avances nos últimos anos, aínda que na práctica a falta de fiscalización e a impunidade dos infractores implique en que non sexa respectada. O estado de conservación dunha especie é un indicador da probabilidade de que esta especie ameazada continue a existir. Os factores usados nesta clasificación incluen a amplitude de distribución da especie, o nivel de ameaza a que está suxeita, a variación do tamaño da poboación, e outros.
Algúns dos animais ameazados son:

Elefante asiático (Elephas maximus)
Tigre (Panthera tigris)
Leopardo (Panthera pardus)
Panda xigante (Ailuropoda melanoleuca)
Balea azul (Balaenoptera musculus )
Lince ibérico (Lynx pardinus)
Tartaruga mariña
Chimpancé (Pan troglodytes)
Tucán de bico negro

E moitos máis que non están sendo protexidos polo ser humano.